xoves, 23 de xuño de 2016

Vídeo STARcach

Vídeo resumo do proxecto STARcach, unha combinación do traballo de varios Departamentos (Galego, Tecno, Mates, FQ, Inglés) e rapaces no eido do audiovisual e a robótica. Todo un curso aprendendo, creando e disfrutando, un pracer!

Vídeo en galego


Vídeo en castellano

venres, 10 de xuño de 2016

Chega a hora de facer balance!

Remata o curso e debemos facernos a pregunta de canto e como de ben aprendimos e fixemos as cousas que nos propoñíamos ó principio do proxecto. Xa sabedes que o proxecto foi desenvolvido por un conxunto de alumnos voluntarios (50!) e profes (Departamento Matemáticas, Tecnoloxía, Galego, Lengua, Sociais), e versou sobre audiovisuais e robótica. En maior ou menor medida, todo o alumnado do centro participou!

  • En Scratch o alumnado de 3º e 4º, baixo a batuta dos profes Bao, Flor e Moreiras, configurou diversos varioxogos que podedes atopar na pestana "Os nosos produtos/Videoxogos". Os mellores foron seleccionados para organizar o día do STARgal, unha xornada adicada a comprobar que as novas tecnoloxías e o galego van moi ben xuntos. Todo o alumnado do centro pasou polas diversas estacións e probou dispositivos como o Leap Motion, a Picoboard, a web cam e o Makey Makey, e xogaron probas de habilidade e coñecementos en torno a lendas, historia e gramática. E creédenos! foi divertido abofé
  • Co mbot aprendimos a aplicar o Scratch a equipos robóticos, e participamos por primeira vez no concurso da EEI que se celebrou o 19 de abril en Vigo. Case fumos finalistas na proba "Sumo", pero sobre todo, aprendimos como se fará para o ano, que volveremos! Ademais, elaboramos diversos videotitoriais que podedes ver na pestana "Mbot".
  • Co Lego seguimos traballando na liña de anos anteriores, e concursamos de novo no Igaciencia, que gañamos. Grazas a iso temos un novo equipo, o EV3. Ademais, elaboramos diferentes videotitoriais que podedes ver na pestana "Lego"
  • En S4A estivemos facendo prácticas no taller, e temos un pequeno videotitorial na pestana correspondente.
  • En Arduino non puido traballar todo o alumnado, pero un avezado grupo de 4º desenvolveu un proxecto de domótica coa Raspberry Pi3 e implementou un circuíto doméstico empregando unha placa Arduino Uno. Na pestana tedes un vídeo explicativo

mércores, 13 de abril de 2016

xoves, 7 de abril de 2016

Entrenando para o concurso da EEI (Vigo) cos Mbot


  20160405_141637

O vindeiro martes 19 de abril, o alumnado que está no proxecto STAR Cach acudirá a Vigo, á Escola de Enxeñería, a participar nun concurso con Mbots. Terán que realizar 2 probas: unha competición de velocidade seguindo liñas e unha loita tipo sumo con robots doutros grupos. Estamos entrenando!

martes, 1 de marzo de 2016

Pilotando

Non todo vai ser usar as mans para programar: hai que ter pulso e aprender a.... pilotar drones!!

martes, 16 de febreiro de 2016

A participar!!!

O tema está resultando interesante!! o número de participantes no STAR Cach aumentou a 40, e ninguén está perdendo o tempo!

O alumnado de 2º e 3º estivo traballando en Scratch e LEGO, e o de 4º poñendo operativos os Mbot. Tod@s xunt@s decidimos participar en 2 concursos de robótica para poñer a proba o que aprendemos:

  • Concurso de LEGO de Igaciencia, Coruña, onde estaremos co alumnado de 4º o venres 22 de abril
  • Concurso de Mbot da EEI, onde participará o alumnado de 3º e 4º do STAR Cach, en Vigo, o 19 de abril
A inscrición no concurso da EEI (Escola de Enxeñería Industrial de Vigo) permitiunos adquirir varios equipos Mbot a prezo reducido (40€). Estamos moi contentos e así loce o armario do Taller de Tecno Isaac Díaz Pardo!

luns, 1 de febreiro de 2016

A montaxe dos Mbot

Chegaron xa os 4 Mbot que pedíramos e o alumnado de 4º montounos no STAR Cach. Xa estiveran fuchicando na linguaxe de programación, así que poñelos a andar foilles ben doado!


martes, 26 de xaneiro de 2016

Aprendendo LEGO

Mentres o alumnado de 4º traballa Scratch nas aulas de Informática e LEGO nas de Tecno, a rapazada de 3º no obradoiro STAR Cach céntrase en LEGO. Grandes avances en ben pouco tempo!


martes, 12 de xaneiro de 2016

Organizando os grupos

En xaneiro reunímonos todos os participantes, consensuamos o calendario (que tés nunha pestana) e dividímonos en grupos de traballo:

  • 2º e 3º comezaron con Scratch
  • 4º comezou con Mbot
Aquí vos queda un par de imaxes do traballo en Scratch



venres, 8 de xaneiro de 2016

Arriba e aló imos!

Durante este curso os Departamentos de Tecnoloxía e Matemáticas estamos impulsando un proxecto de excelencia baseado nas linguaxes de programación denominado Seminario Transversal de Audiovisual e Robótica (Star Cach).

Entendemos que estas áreas son non só un potente recurso laboral para o futuro dos mozos e mozas, senón unha ferramenta para desenvolver creativamente capacidades e estratexias cognitivas, lóxicas e manipulativas.

Ó longo do 2º trimestre, os luns a mediodía (de 14:15 a 16:00) terán lugar obradoiros para aprender a manexar os seguintes equipos e linguaxes:

  • Software Scratch e periféricos: Leap Motion, Makey Makey
  • Software S4A e robots Mbot
  • Software LEGO e robots LEGO
  • Software Arduino, placas e sensores
  • Pilotaxe de Drones
  • Edición de vídeo