xoves, 23 de xuño de 2016

Vídeo STARcach

Vídeo resumo do proxecto STARcach, unha combinación do traballo de varios Departamentos (Galego, Tecno, Mates, FQ, Inglés) e rapaces no eido do audiovisual e a robótica. Todo un curso aprendendo, creando e disfrutando, un pracer!

Vídeo en galego


Vídeo en castellano

venres, 10 de xuño de 2016

Chega a hora de facer balance!

Remata o curso e debemos facernos a pregunta de canto e como de ben aprendimos e fixemos as cousas que nos propoñíamos ó principio do proxecto. Xa sabedes que o proxecto foi desenvolvido por un conxunto de alumnos voluntarios (50!) e profes (Departamento Matemáticas, Tecnoloxía, Galego, Lengua, Sociais), e versou sobre audiovisuais e robótica. En maior ou menor medida, todo o alumnado do centro participou!

  • En Scratch o alumnado de 3º e 4º, baixo a batuta dos profes Bao, Flor e Moreiras, configurou diversos varioxogos que podedes atopar na pestana "Os nosos produtos/Videoxogos". Os mellores foron seleccionados para organizar o día do STARgal, unha xornada adicada a comprobar que as novas tecnoloxías e o galego van moi ben xuntos. Todo o alumnado do centro pasou polas diversas estacións e probou dispositivos como o Leap Motion, a Picoboard, a web cam e o Makey Makey, e xogaron probas de habilidade e coñecementos en torno a lendas, historia e gramática. E creédenos! foi divertido abofé
  • Co mbot aprendimos a aplicar o Scratch a equipos robóticos, e participamos por primeira vez no concurso da EEI que se celebrou o 19 de abril en Vigo. Case fumos finalistas na proba "Sumo", pero sobre todo, aprendimos como se fará para o ano, que volveremos! Ademais, elaboramos diversos videotitoriais que podedes ver na pestana "Mbot".
  • Co Lego seguimos traballando na liña de anos anteriores, e concursamos de novo no Igaciencia, que gañamos. Grazas a iso temos un novo equipo, o EV3. Ademais, elaboramos diferentes videotitoriais que podedes ver na pestana "Lego"
  • En S4A estivemos facendo prácticas no taller, e temos un pequeno videotitorial na pestana correspondente.
  • En Arduino non puido traballar todo o alumnado, pero un avezado grupo de 4º desenvolveu un proxecto de domótica coa Raspberry Pi3 e implementou un circuíto doméstico empregando unha placa Arduino Uno. Na pestana tedes un vídeo explicativo

mércores, 13 de abril de 2016

xoves, 7 de abril de 2016

Entrenando para o concurso da EEI (Vigo) cos Mbot


  20160405_141637

O vindeiro martes 19 de abril, o alumnado que está no proxecto STAR Cach acudirá a Vigo, á Escola de Enxeñería, a participar nun concurso con Mbots. Terán que realizar 2 probas: unha competición de velocidade seguindo liñas e unha loita tipo sumo con robots doutros grupos. Estamos entrenando!

martes, 1 de marzo de 2016

Pilotando

Non todo vai ser usar as mans para programar: hai que ter pulso e aprender a.... pilotar drones!!

martes, 16 de febreiro de 2016

A participar!!!

O tema está resultando interesante!! o número de participantes no STAR Cach aumentou a 40, e ninguén está perdendo o tempo!

O alumnado de 2º e 3º estivo traballando en Scratch e LEGO, e o de 4º poñendo operativos os Mbot. Tod@s xunt@s decidimos participar en 2 concursos de robótica para poñer a proba o que aprendemos:

  • Concurso de LEGO de Igaciencia, Coruña, onde estaremos co alumnado de 4º o venres 22 de abril
  • Concurso de Mbot da EEI, onde participará o alumnado de 3º e 4º do STAR Cach, en Vigo, o 19 de abril
A inscrición no concurso da EEI (Escola de Enxeñería Industrial de Vigo) permitiunos adquirir varios equipos Mbot a prezo reducido (40€). Estamos moi contentos e así loce o armario do Taller de Tecno Isaac Díaz Pardo!

luns, 1 de febreiro de 2016

A montaxe dos Mbot

Chegaron xa os 4 Mbot que pedíramos e o alumnado de 4º montounos no STAR Cach. Xa estiveran fuchicando na linguaxe de programación, así que poñelos a andar foilles ben doado!